Suche einschränken:
Zur Kasse

A Galicia máxica de García Márquez

Reigosa, Carlos G.

A Galicia máxica de García Márquez

Encuadernación: Rústica con solapas
Colección: Edición Literaria. Crónica. XornalismoGabriel García Márquez sempre lle atribuíu a maior influencia literaria á súa «avoa galega», que lle contaba as cousas máis atroces sen conmoverse. O escritor descubriu axiña que aquel xeito imperturbable e aquela riqueza de imaxes era o que máis contribuía á verosimilitude das historias. Tras gañar o Premio Nobel en 1982, confesou que escribira Cien años de soledad «usando o mesmo método da miña avoa».
Pero, ¿quen era aquela misteriosa «avoa galega»? O escritor parecía referirse á súa avoa Tranquilina, unha colombiana de antepasados españois, mais el sabía que a realidade que identificaba ¿e reivindicaba¿ abeberaba na maxia dunha herdanza teluricamente máis neboenta. Foi entón cando dixo: «Os meus avós eran descendentes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proviñan de Galicia.»
Nesta obra, Carlos G. Reigosa busca, á vez, o escritor e a súa «avoa galega», seguindo os pasos dun García Márquez que viaxa a Galicia para desenredar a madeixa das súas orixes ¿persoais e literarias¿ e que, ao cabo, se perde na selva indescifrable da súa propia creación. Porque non sempre é posible deslindar a realidade e a ficción.

CHF 29.90

Lieferbar

ISBN 9788499144825
Sprache spa
Cover Kartonierter Einband (Kt)
Verlag Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Jahr 2013

Kundenbewertungen

Dieser Artikel hat noch keine Bewertungen.