Suche einschränken:
Zur Kasse

Así canta Galicia : a Galicia polifónica en dous cambios de século

Camino Huertas, Nicolás

Así canta Galicia : a Galicia polifónica en dous cambios de século

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino ¿veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais ¿Asi canta Galicia¿ e ¿Concerto popular¿, e sempre vencellado ao mundo musical¿, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

CHF 48.50

Lieferbar

ISBN 9788483025437
Sprache glg
Cover Kartonierter Einband (Kt)
Verlag Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Jahr 2000

Kundenbewertungen

Dieser Artikel hat noch keine Bewertungen.