Suche einschränken:
Zur Kasse

Manual e exercicios de galego urxente

Pena, Xosé Ramón / Rosales, Manuel

Manual e exercicios de galego urxente

O Manual e Exercicios de Galego Urxente, preparado polos profesores X. Ramón Pena e Manuel Rosales, actualizado segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas da Lingua Galega de 2003, está estruturado en dous grandes bloques: o «Manual» (onde se expoñen os contidos teóricos) e os «Exercicios» (para levar á práctica o exposto mediante procedementos). O «Manual» divídese en catro apartados principais: ¿Ortografía e Morfosintaxe, especie de prontuario gramatical onde aparecen expostas e resoltas as ocasións e empregos máis frecuentes dos diferentes apartados que atinxen á ortografía e á morfosintaxe do galego. ¿Léxico, con ampla información acerca do uso correcto e incorrecto dun certo número de voces e expresións frecuentes que suscitan dúbidas á hora de falarmos e escribirmos. ¿Topónimos e Xentilicios frecuentes e dubidosos. ¿Locucións e Expresións Latinas de uso frecuente co seu significado na nosa lingua. Ademais, ofrécense tres apéndices: palabras de ortografía dubidosa, usos do signo de puntuación, e paradigmas gramaticais, que complementan a gramática práctica do primeiro apartado do manual. Os exercicios constan de varias propostas para levar á práctica os contidos do manual: Ortografía, Morfosintaxe, Léxico-semántica, Expresión e Pasatempos. Este último apartado dos pasatempos, un xeito máis lúdico de aprender lingua, conta con solucionario ao final do libro.

CHF 32.50

Lieferbar

ISBN 9788497824934
Sprache glg
Cover Kartonierter Einband (Kt)
Verlag Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Jahr 2006

Kundenbewertungen

Dieser Artikel hat noch keine Bewertungen.